domingo, 20 de febrero de 2011

Neocolonialismo agrario

     Entendemos por neocolonialismo o proceso de adquisición de terras que acometen os capitais dos países máis "desenvolvidos" nos países pobres. Básicamente, o que buscan estas multinacionais, empresas, diñeiro público...(chámalle X) e conseguir grandes cantidades de terra a precios módicos, co fin de cultivar nelas. O asunto é...¿que cultivan? Pois evidentemente, produtos que deixen beneficios, tanto cereais para biocombustible, ou produtos coma o cacao, o café ou o algodón. E o seu destino non é outro ca nós, os ricos, os desenvolvidos, os que mellor vivimos. ¿E que ocurre nos países de orixe? Condicións laborais pésimas, cuns salarios que nin chegan a mínimos, uns horarios abusivos, traballo infantil...así coma outro problema aínda máis grave, se pode ser: a ausencia de terras cultivables para algo tan básico coma o consumo propio.
     Isto fainos chegar a unha inevitable cuestión: ¿É esta compra abusiva de terras, paralela á industrialización acometida de semellante maneira, consecuencia do sistema capitalista actual? Penso que non. O abuso Norte-Sur é un problema histórico. Un exemplo podémolo ter na conquista de América, na que explotabamos aos indíxenas (coas famosas mitas e demais abusos) e non estabamos precisamente nun sistema libera,. Ahora ben, que o problema non sexa consecuencia do capitalismo, non significa que este non teña gran parte da culpa. O descontrol nas compras de terras e máis na industrialización é en gran medida froito dun sistema que favorece aos grandes compradores, e estamos ante un libremercado sen control e que non aporta xustiza (imposible!, dirán os neoliberais). ¿Por que? Porque este sistema, que pode garantir que ambas partes obteñan beneficios, non comprende as consecuencias de terceiros. Analizando a transacción, adoitan ser os vendedores xente poderosa da zona, que busca unicamente obter riqueza persoal sen preocuparse das consecuencias que pode ter no seu entorno (unha mentalidade, por outra parte, moi do capitalismo: eu preocúpome do meu e ao resto que lles den). Así, eles obteñen diñeiros, traducidos en poder, e as empresas conseguen os seus magníficos beneficios. Perfecto. O librecambismo deu con unha solución que satisface a compradores e vendedores, mais....¿E os que cultivan? ¿Toda esa xente, traballadora de esas terras, que? Non van mellorar as súas condicións. A utopía do progreso continuo citada polos neoliberais non lles afecta.
     Tras tanta negatividade, non podo menos que pensar nunha solución. Pode que a prohibición estatal da compra de terras por parte de estranxeiros, favorecendo unha explotación nacional, axude. Se en vez dun terreo explotado por estranxeiros, que non deixa ganancias no país, impulsamos unha agricultura con capital nacional (tanto público coma privado), que cree emprego, que garanta unhas condicións laborais xustas (o que require un Estado forte, e non as corruptelas que hai a día de hoxe, moitas fomentadas polos estados occidentais), e que deixe o beneficio no país, quizais poida que algo mellore. Se a isto, acompáñalle un proceso de nacionalización da industria, pode que a mellora económica sexa espectacular. Todo isto, lóxicamente, require unha intromisión nula por parte da iniciativa occidental interesada nos bens que aquí temos.
      Pero claro, a nacionalización das terras e da industria non e boa para occidente. O que buscan as multinacionais e maiores beneficios a menores custos, o obteñen no seu máximo esplendor nas explotacións nestes países. Póñovos un exemplo: A famosa Cumbre Iberoamericana. ¿Quen non recorda o "Por que no te callas!", e toda a publicidade mediática nacionalista que xurdiu despois? Pois dita frase, quizá o menos relevante da reunión, foi a maneira de evitar a pésima imaxe que o noso país deu na reunión. Por dar un exemplo, Evo Morales, presidente boliviano, buscaba defender o porque da nacionalización das petroleiras que estaba tomando a cabo, e o noso benquerido presidente ZP soltou como resposta un discurso infumable sobre tolerancia entre Latinoamerica e España. A quen lle interese, posteo un link de tan interesante reunión.



    Esta ida polas ramas da miña cabeza ten a súa razón de ser. Busco facer ver como, nós mesmos, coas nosas empresas, adicámonos a explotar recursos noutros países, e, cando estes pretenden tomar uso do que é seu, con palabras bonitas (ou non tanto), alusións ao libremercado e demais caralladas buscamos seguir tendo a sartén polo mango.
     Sen máis, doulle a miña noraboa a quen dera lido todo isto e despídome.
     Saúde e bos alimentos.