domingo, 20 de marzo de 2011

Caridade, desenvolvemento, e demais fábulas...

Estamos nunha época na que a iniciativa privada é o máis do máis. Todas as empresas crean "industrias do desenvolvemento", como elas lle din, co fin de tranquilizar a conciencia de todos os que consumimos. Sen querer ser catastrofista de máis, ¿ata que punto existe este desenvolvemento? ¿É certo que as empresas fomentan o desenvolvemento local, ou so se interesan polo propio? O pincipal problema non é outro ca o propio carácter das empresas que crean traballo nestes países. Estas, non teñen a súa sede nestes países, nin destinan a súa produción aos habitantes e traballadores locais, senón aos países que chamamos desenvolvidos. Polo tanto, a súa preocupación polas condicións de laborais e de vida aló son escasas. Mentres non se queixen demasiado, vale.
Polo tanto, esta teoría tan bonita e idílica da acumulación da riqueza, perde forza. É certo, a poboación local pode obter certas melloras na súa vida, pero...¿ata que punto? Se melloran demasiado a súa calidade de vida, as súas esixencias serán maiores, e iso non é o que interesa. Se quixesen dar traballo a este tipo de man de obra, non moverían as súas industrias tan lonxe, cos custos que ocasiona un traslado de tal magnitude. Estas empresas, que aparentan ser tan magnámimas e xenerosas, prentenden man de obra barata, que traballe moito e que se queixe pouco. Volvendo ao miolo, a riqueza que se xera non se queda alí, senón que marcha cara o estranxeiro. O que queda son migallas, así coma empresarios locais ricos, que fan que aumenten as estadisticas do PIB local, pero mantendo ás poboacións locais nuns niveis de pobreza bastante semellantes.
Plantexemonos unha pregunta: ¿E se, por un momento, esas empresas, en lugar de multinacionais, fosen empresas locais? ¿Fundamentarían os seus principios en satisfacer as necesidades da poboación, e os beneficios económicos quedarian alí? É posible. Un caso o temos na creación dos microcréditos, de Muhammad Yunus, premio Nobel en 2006 "por incentivar o crecemento económico dende abaixo". Aqui tedes a primeira parte de dous videos nos que explica as súas ideas e relata a súa opinión sobre a crise economica actual.

Os microcréditos, a base do seu concepto de banca ideal, son un exemplo clarisimo do que debe ser a base do capitalismo. Un mercado que debe preocuparse, primeiro, por manter á poboación nunhas condicións dignas, e cun fin que non debe ser o afán de riqueza, senón a venta de un produto a un precio razoable, sen buscar abaratar custos a costa das condicións laborais. E para iso, non podemos confiar na conciencia do empresario, senón que necesitamos unhas institucións poderosas que garantan tales obxectivos; e que non busquen unicamente a defensa dos intereses dos donos do capital, senón os intereses de consumidores e traballadores.
¿Onde entraría a axuda entón? Na creación e fomento de institucións de ensinanza públicas, así como, todo tipo de institucións que formarían a técnicos capaces de traballar nestas empresas locais, ou noutros traballos asociados. O proceso non será fácil, si, pero é a única forma de que estes países sexan realmente autónomos e que teñan un verdadeiro desenvolvemento económico...se eso e o que queremos...

PD: información e datos sobre o crecemento, alfabetización... a partir da páxina 16 deste arquivo pdf: http://www.universitatdelapau.org/pdf/8/mitologia%20desarrolo%20y%20pobreza%20africa.%20Carlos%20Oya.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario