domingo, 20 de febrero de 2011

Neocolonialismo agrario

     Entendemos por neocolonialismo o proceso de adquisición de terras que acometen os capitais dos países máis "desenvolvidos" nos países pobres. Básicamente, o que buscan estas multinacionais, empresas, diñeiro público...(chámalle X) e conseguir grandes cantidades de terra a precios módicos, co fin de cultivar nelas. O asunto é...¿que cultivan? Pois evidentemente, produtos que deixen beneficios, tanto cereais para biocombustible, ou produtos coma o cacao, o café ou o algodón. E o seu destino non é outro ca nós, os ricos, os desenvolvidos, os que mellor vivimos. ¿E que ocurre nos países de orixe? Condicións laborais pésimas, cuns salarios que nin chegan a mínimos, uns horarios abusivos, traballo infantil...así coma outro problema aínda máis grave, se pode ser: a ausencia de terras cultivables para algo tan básico coma o consumo propio.
     Isto fainos chegar a unha inevitable cuestión: ¿É esta compra abusiva de terras, paralela á industrialización acometida de semellante maneira, consecuencia do sistema capitalista actual? Penso que non. O abuso Norte-Sur é un problema histórico. Un exemplo podémolo ter na conquista de América, na que explotabamos aos indíxenas (coas famosas mitas e demais abusos) e non estabamos precisamente nun sistema libera,. Ahora ben, que o problema non sexa consecuencia do capitalismo, non significa que este non teña gran parte da culpa. O descontrol nas compras de terras e máis na industrialización é en gran medida froito dun sistema que favorece aos grandes compradores, e estamos ante un libremercado sen control e que non aporta xustiza (imposible!, dirán os neoliberais). ¿Por que? Porque este sistema, que pode garantir que ambas partes obteñan beneficios, non comprende as consecuencias de terceiros. Analizando a transacción, adoitan ser os vendedores xente poderosa da zona, que busca unicamente obter riqueza persoal sen preocuparse das consecuencias que pode ter no seu entorno (unha mentalidade, por outra parte, moi do capitalismo: eu preocúpome do meu e ao resto que lles den). Así, eles obteñen diñeiros, traducidos en poder, e as empresas conseguen os seus magníficos beneficios. Perfecto. O librecambismo deu con unha solución que satisface a compradores e vendedores, mais....¿E os que cultivan? ¿Toda esa xente, traballadora de esas terras, que? Non van mellorar as súas condicións. A utopía do progreso continuo citada polos neoliberais non lles afecta.
     Tras tanta negatividade, non podo menos que pensar nunha solución. Pode que a prohibición estatal da compra de terras por parte de estranxeiros, favorecendo unha explotación nacional, axude. Se en vez dun terreo explotado por estranxeiros, que non deixa ganancias no país, impulsamos unha agricultura con capital nacional (tanto público coma privado), que cree emprego, que garanta unhas condicións laborais xustas (o que require un Estado forte, e non as corruptelas que hai a día de hoxe, moitas fomentadas polos estados occidentais), e que deixe o beneficio no país, quizais poida que algo mellore. Se a isto, acompáñalle un proceso de nacionalización da industria, pode que a mellora económica sexa espectacular. Todo isto, lóxicamente, require unha intromisión nula por parte da iniciativa occidental interesada nos bens que aquí temos.
      Pero claro, a nacionalización das terras e da industria non e boa para occidente. O que buscan as multinacionais e maiores beneficios a menores custos, o obteñen no seu máximo esplendor nas explotacións nestes países. Póñovos un exemplo: A famosa Cumbre Iberoamericana. ¿Quen non recorda o "Por que no te callas!", e toda a publicidade mediática nacionalista que xurdiu despois? Pois dita frase, quizá o menos relevante da reunión, foi a maneira de evitar a pésima imaxe que o noso país deu na reunión. Por dar un exemplo, Evo Morales, presidente boliviano, buscaba defender o porque da nacionalización das petroleiras que estaba tomando a cabo, e o noso benquerido presidente ZP soltou como resposta un discurso infumable sobre tolerancia entre Latinoamerica e España. A quen lle interese, posteo un link de tan interesante reunión.



    Esta ida polas ramas da miña cabeza ten a súa razón de ser. Busco facer ver como, nós mesmos, coas nosas empresas, adicámonos a explotar recursos noutros países, e, cando estes pretenden tomar uso do que é seu, con palabras bonitas (ou non tanto), alusións ao libremercado e demais caralladas buscamos seguir tendo a sartén polo mango.
     Sen máis, doulle a miña noraboa a quen dera lido todo isto e despídome.
     Saúde e bos alimentos.

9 comentarios:

  1. Ben Nión, pero antes non se lle podía botar a culpa ao capitalismo porque aínda non existía como tal, pero hoxe en día é o sistema vixente e o causante das desigualdades e da explotación dos recursos tanto materiais coma humanos dos paises pouco desenvolvidos.

    ResponderEliminar
  2. Penso que sen capitalismo os abusos seguirían existindo, pero o que si está claro e que o capitalismo e moi favorable a ditos abusos.

    ResponderEliminar
  3. Daslle un enfoque, a meu gusto, moi bo e detallado. Está ben que lle quites parte da culpabillidade ao capitalismo, pois non é ningún sistema engendrado polo anticristo cons fins satánicos como algúns parecen afirmar. ¿Que favorece o enriquecemento propio? Indudablemente! De iso se trata a nosa propia mentalidade, do benestar. E unha mente común pasa máis tempo pensando no seu contorno, a moi variable escala, que na situación extranxeira. Isto podríamos atribuirllo á falta de conformismo, porque ningún español, ou demasiado poucos, formemos ou non parte de este "primer mundo" está satisfeito cos seus dereitos, cas súas posesións.
    En canto ao que tocas sobre a necesidade dun Estado forte...ogalla existiran nos países explotados, que no mellor dos casos deixarían de selo...ou dunha forma máis controlada. Así a poboación polo menos podría mostrar opinións...nunha democracia real e non de títeres.

    ResponderEliminar
  4. Ainda que o problema das terras xurdira con anterioridade ó capitalismo, o capitalismo non fai máis que favorecer este tipo de prácticas...

    ResponderEliminar
  5. A ver, vaiamos por partes. Eu diferenciaria claramente o liberalismo economico do estado de benestar, porque este non busca tal, senón o estado liberal que e outra cousa distinta, aínda que relacionada. Así mesmo, sí que é un sistema que, interpretado por quen interprete, pode causar e causa moito mal. O gran problema, ao meu ver, é a súa liberdade de actuación. Non entrarei niso porque iso xa sería a biblia xD
    O do Estado forte...é aí onde recalco os problemas que as condicións impostas polos países poderosos (derivadas do que eles entenden por capitalismo), e a corrupción destes países e froito, numerosas veces, da interferencia destes países nas políticas estatais. E non so países. A iniciativa privada, coas suas "loables" intencións buscan as mellores condicións para obter beneficios, buscando, polo tanto, un Estado débil que non limite as súas formas de obteren beneficios (aludindo a típicas fórmulas neoliberais de liberdade de empresa e demais escusas sen fundamento).

    ResponderEliminar
  6. vídeo caralhudo, non o conhecia, escoitara falar do tema desa reunión, mais nunca me parara a informarme dela. que grande zp co tema de que marx tamen era europeu hahahaha

    ResponderEliminar
  7. "¿Que favorece o enriquecemento propio? Indudablemente! De iso se trata a nosa propia mentalidade"- Que nos repitan ata a saciedade este tipo de frases nom significa que sexan certas.. O capitalismo provoca esse sentimento, esa reacción de ser maís cos demais, de ter máis,nom e algo que este na natureza humana, a solidariedade si o está, máis, obviamente exerce-la e máis dificil, vai en contra de todo o que representa o capital.

    ResponderEliminar
  8. É imposible entender a deslocalización agropecuaria sen ter en conta a deslocalización industrial. Probablemente debido a malos repartos da propiedade hai unha importante cantidade de xente que traballa en campos que non son seus. E cando un axente extranxeiro merca esa terra para explotala intensivamente, parece que saen perxudicados nun primeiro momento. Pero debido a estas peores condicións este lugares fanse óptimos para a deslocalización industrial entrando nun proceso acumulativo de riqueza, que con toda probabilidade acaba nun crecemento económico. Ademáis, por outra parte hai que ter en conta que o dono das terras antes de que estas forán mercadas invertirá o diñeiro obtido na transacción, xerando postos de traballo e riqueza (recomendoche Ecomía en una lección, de Henry Hazlitt, que trata temas acerca do cambio de mans do diñeiro).

    Por outra parte, a nacionalización das industrias e o que se esta a producir en moitos paises que acaban finalmente en situacións case peores ás da economía de subsistencia. Ademáis, creo que a solución que propós ten un erro fundamental: se non se hai intervención de países extranxeiros, baixo o aspecto que sea, como se chega a unha mellora tecnolóxica suficiente para unha boa explotación das terras?

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  9. Roque, grazas por contestar tan ampliamente, e dareiche unha resposta digna.
    Das por suposto que a riqueza producida queda no país. Se así fose, todos os países africanos experimentarían xa ese proceso de acumulación de riqueza do que falas. Pero parece que non é así. Aínda que poidamos ver que aumenten algunhas tasas (pouco fiables, dito sea de paso), coma pode ser o PIB, iso non implica un aumento da riqueza da poboación, senón un aumento da riqueza total, a cal adquiren os intermediarios e os "empresarios locais".
    Non nego que as condicións de vida poidan mellorar moi someramente, pero seguirán na pobreza, e sometidos a nós, os todopoderosos occidentais.
    Por outra parte, sempre se pensa que os países subdesenvolvidos necesitan a intervención dos desenvolvidos. Magnifico, sigamos a expoliar os seus recursos con estos eufemismos. A solución para este libremercado idílico sería fomentar a formación de técnicos, creación de institucións de ensinanza...en fin, destinar toda esa axuda que se di que dan a este tipo de asuntos. Pero claro, é moito máis fácil que digan que apoian a poboación local e logo que fagan o que lles peta, total, é mellor que non haia control e ninguén vai mirar aló....

    ResponderEliminar